Transbordador espacial Challenger
O transbordador espacial Challenger, designación OV-099 (Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Quedou destruído aos 73 segundos da engalaxe durante a súa décima misión, o 28 de xaneiro de 1986.
Características
[editar | editar a fonte]O Challenger foi o segundo transbordador en ser construído e estar operativo. Recibiu o seu nome por un buque de investación da Armada que navegou polos océanos Atlántico e Pacífico durante a década de 1870. Challenger foi tamén o nome do módulo lunar da misión Apollo 17. Voou nove veces antes do accidente no que quedou destruído.
Inicialmente o Challenger foi un modelo de probas de alta precisión denominado STA-099 (Structural Test Article 099). A estrutura foi construída por Rockwell e enviada a Lockheed en abril de 1978 para diversas probas térmicas e de carga durante 11 meses. En xaneiro de 1979 a NASA autorizou a Rockwell a converter o Challenger nunha nave operativa, que pasaría a denominarse OV-099 (Orbital Vehicle 099). O resultado, coa experiencia gañada nas probas e na construción, foi unha nave 1310 kg máis lixeira que o Columbia. Podía levar ata 8 astronautas a bordo e permanecer 30 días en órbita, cunha capacidade de carga útil de 24.990 kg.
Notas
[editar | editar a fonte]- Mark Wade (2011). "Challenger" (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transbordador espacial Challenger |